Product Type
Condition
Binding
Collectible Attributes
Free Shipping
Seller Location
Seller Rating
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2010
ISBN 10: 8499141552ISBN 13: 9788499141558
Seller: Agapea Libros, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Enjamio, Luís (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Este libro consta de oito contos. A súa caracteristica é que todos se desenvolven a partir dos anuncios por palabras dos xornais. "Unha chave non é suficiente" é o que abre o libro. Nel cóntase a aventura dun home que ve o ceo aberto cando atopa un anuncio indicando que "se duplica calquera chave, con ou sen mostra". "O caso do unicornio azul" conta a historia dunha unicornia que acode a unha axencia matrimonial, para atopar parella axeitada. "Vanesa e o anuncio da televisión" conta a historia dunha nai empeñada en que a súa filla sexa unha artista da televisión. "Un artista de neón": un fabricante de rótulos luminosos teima en modifica-lo mal gusto dos seus clientes, cuns resultados desatrosos. ¿ Un vampiro pode se-lo empregado idóneo dunha fábrica de ataúdes, tal e como se nos conta no relato "O caso do estraño empregado"? Spíderman ou o home-lobo poden ser postos en situacións límite, véndose na obriga de recorrer ás ofertas dos anuncios por palabras. isto é o que se narra en "Ser superheroe non é doado" e "Noites de lúa chea". "O libro das infinitas historias", o conto que cerra o volume, relata a incesante procura dunha libreira, dona dunha casa de compra-venda, que vai tras dun libro de máxicas propiedades. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2016
ISBN 10: 8491210172ISBN 13: 9788491210177
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Enjamio, Luís (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Había unha vez catro cascarolos, catro caracoliños que eran irmáns. Chamábanse Cascarolo, Carolo, Arolo e Rolo. Vivían nunha cidade, na Alameda, entre as raiceiras dun gran loendro. Eran moi felices, pero un día chegaron uns obreiros, e comezaron a cubrir os camiños do parque con lousas de pedra, e a tomar as lousas con cemento. Xa non poderían agocharse, terían que marchar. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
More buying choices from other sellers on AbeBooks
New offers from US$ 12.06
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2014
ISBN 10: 8499145760ISBN 13: 9788499145761
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Fernández Serrano, Jacobo (illustrator). Idioma/Language: Gallego. O raposo Pindo é un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas; segundo se di é fillo do lobo Petiso e a raposa Meiga. Pindo ten un poder: é quen de hipnotizar a calquera cos seus ollos de lanterna. Ese poder conseguiuno, vendo como o Sol pousaba a súa luz, ao afundirse no mar, despedindo o día. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
More buying choices from other sellers on AbeBooks
New offers from US$ 12.06
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2015
ISBN 10: 8499149278ISBN 13: 9788499149271
Seller: Agapea Libros, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Sierra, David (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Rosalía ten seis anos. Cando fala, da súa boca saen bolboretas que pairan no ar moi alegres, dicindo palabras moi bonitas. E as súas mans tocan as cousas con seis caricias, e seis suspiros salaian á vez. Rosalía vai á escola, onde aprende a ler e a escribir. Un día acabóuselle o lapis, chegou á casa e díxolle ao pai: Papá, tesme que mercar outro lapis. O novo lapis resultou ser moi distinto ao anterior. Ao longo del ten escrita unha frase que di:Lapis especial para nenas de seis anos. Que ten de especial ese lapis? *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
More buying choices from other sellers on AbeBooks
New offers from US$ 12.52
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2013
ISBN 10: 8499143733ISBN 13: 9788499143736
Seller: Agapea Libros, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Prado, Miguelanxo (illustrator). Idioma/Language: Gallego. As flores radioactivas é unha novela crítica coa destrución da natureza e a manipulación informativa. Un relato que aposta por un mundo máis xusto e en paz. Un estraño resplandor aparece no mar, nunha área coñecida como Fosa Atlántica. Nesa zona, durante ben de anos, varios países europeos mergullaron os residuos radioactivos das súas centrais nucleares. Cando a OTAN envía barcos ao lugar, descóbrese algo sorprendente que as autoridades ocultan para non provocaren alarma entre a poboación. Alba é unha rapaza que se sente intrigada polo misterio e desexa coñecer a verdade. Tras introducirse como polisón no barco, viaxará á zona cunha expedición organizada por un grupo ecoloxista. Iníciase así unha aventura que acabará tendo unha repercusión mundial. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
More buying choices from other sellers on AbeBooks
New offers from US$ 12.06
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2014
ISBN 10: 8499146279ISBN 13: 9788499146270
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Sende, Iván (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Na pequena aldea de Devastana, Usha e as súas amizades regresan das vacacións cos nervios do último curso da primaria, ao final do cal terán que enfrontarse á temida reválida. Mais axiña a reválida pasa a un segundo plano, porque na vida hai acontecementos moito máis intrigantes ca un exame. Para empezar, Deepak non aparece por ningures. A seguir, Lakshmi deixa de súpeto de ir á escola. Será Usha quen de endereitar as cousas que semellan revirarse? As amizades vellas e novas, de lonxe e de preto, terán que axudar a Usha a facer fronte a todo tipo de desafíos. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2014
ISBN 10: 8499146325ISBN 13: 9788499146324
Seller: Agapea Libros, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Bueno, Fran (illustrator). Idioma/Language: Gallego. A Carlo e a Nicola, dous irmáns inseparables, gústalles pescudar no firmamento, sobre todo a choiva de estrelas da noite das Perseidas. Nicola, o maior, fíxose soldado, alistouse no exército profesional con tan mala fortuna que o deron por desaparecido nunha misión humanitaria na que participaba nun país en guerra. Dende entón, Melchor e Margarita, os seus pais, non perderon nunca a esperanza de que algún día regresase. Agardaban celebralo cunha torta de améndoas, a favorita de Nicola, das que a avoa Natividade preparaba todos os días ao ritmo dunha rancheira. Pola súa banda, Carlo tomou unha decisión: pecharíase na terraza ata que volvese o seu irmán. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
More buying choices from other sellers on AbeBooks
New offers from US$ 12.52
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2015
ISBN 10: 8499148212ISBN 13: 9788499148212
Seller: Agapea Libros, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Díaz, Nuria (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Cada noite Erea espertaba cun chii-chi-chiiiii, o renxer característico da bicicleta do seu veciño e saltaba da cama para velo saír. A ela non lle sorprendía nin que a bicicleta fose daquelas antigas que tiñan unha roda grande diante, e outra pequena detrás. Tampouco lle sorprendía o nome do seu veciño: Rubicundo. Nin lle parecía raro que todas as noites subise na súa bicicleta e comezase a viaxe enriba da árbore do seu xardín, ata perderse de vista. A Erea o que si lle parecía estraño era a súa indumentaria, un gabán e un sombreiro de copa negros, e debaixo un traxe da cor do acibeche. Erea era así, fixábase nos detalles máis sinxelos. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
More buying choices from other sellers on AbeBooks
New offers from US$ 13.11
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2020
ISBN 10: 8491217444ISBN 13: 9788491217442
Seller: Agapea Libros, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Gogue, José Ángel (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Monchiña e Floreano lideran un grupo de personaxes que se unen á doutora Peralta para derrotar o coronavirus. A realidade aumentada, a realidade virtual e o mundo real combínanse nesta historia que transcorre entre as Rías Baixas e Compostela, onde ten lugar unha batalla crucial contra a COVID-19. Botando man dos coñecidos personaxes de Gogue, Alberto Avendaño escribe unha fermosa historia de amor e esperanza, onde o humor nos acompaña para mostrarnos o camiño da solidariedade. Unha divertida novela onde o realismo máxico do cine de animación se mestura coa divulgación científica. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2014
ISBN 10: 849914635XISBN 13: 9788499146355
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Idioma/Language: Gallego. Un xornalista galego duramente castigado polo poder ten que emigrar a Madrid na procura de traballo. Nesa cidade aluga un piso vello e enigmático e, sen querelo, vese envolto nunha situación kafkiana. Da vivenda do lado proceden os estraños ruídos do silencio. A través dunha atmosfera intrigante, Silencio configúrase como unha novela de suspense, suspense que se intensifica de forma vertixinosa para presentarnos unha historia próxima ao misterio e ao desacougo urbano. Con esta novela descubrimos o arrepío que habita no ser humano contemporáneo con só rañar uns centímetros na cotra do cotián, na nosa vida doméstica. Coa súa capacidade habitual para transportarnos aos lugares máis sorprendentes e cun estilo directo, breve e conciso, en Silencio Fran Alonso non deixa lugar para o respiro. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
More buying choices from other sellers on AbeBooks
New offers from US$ 14.14
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2013
ISBN 10: 8499144969ISBN 13: 9788499144962
Seller: Agapea Libros, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Fariña, Anxo (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Os científicos do «Proxecto Prometeo» crearon A-cero, un ser humano artificial. Un proxecto científico que os bioenxeñeiros da empresa Biomorph desenvolveron a partir da lectura duns pergamiños atopados na fosa Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolagada da Atlántida. Aqueles pergamiños, redactados nunha lingua descoñecida, deixaban ver uns planos nos que se identificaban segredos ocultos, capaces de construír un novo futuro para a ciencia e para a humanidade. A fuxida de A-cero e o seu encontro con Eva e o seu tío Fran desencadeará a busca da chave que permita entrar na Atlántida, unha civilización en estado de hibernación, á que semella poder accederse dende as viguesas illas Cíes. A chave da Atlántida é unha novela de ciencia ficción na que, a un ritmo trepidante, se mesturan os mitos dunha civilización antiga coas posibilidades ofrecidas polas biotecnoloxías e da robótica do futuro. Unha aventura que non dá tregua, onde non falta nin o amor nin as persecucións nin as probas fantásticas, na que se somete a indagación dos lectores e lectoras novos un dos tópicos da mitoloxía clásica. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
More buying choices from other sellers on AbeBooks
New offers from US$ 13.11
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2017
ISBN 10: 8491212183ISBN 13: 9788491212188
Seller: Agapea Libros, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Idioma/Language: Gallego. Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a pedir esmola polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba. Alí, vendendo panos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe, un médico e voluntario da federación de atletismo que, sorprendido coa súa resistencia e velocidade, lle propón adestrar en Meskel Square. Dende entón, a súa vida mudará, como a doutras nenas, mozas e mulleres etíopes que corren contra si mesmas sen fin. Corredora é unha historia colectiva de superación deportiva. Recolle a tradición atlética de Etiopía na busca activa de talentos entre as crianzas do rural ou empobrecidas nas cidades. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
More buying choices from other sellers on AbeBooks
New offers from US$ 14.14
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2020
ISBN 10: 8491216847ISBN 13: 9788491216841
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Lorenzo, Fino (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Enfiadas nas súas vivencias, estas cartas son mensaxes de amor arredor da lectura. Cinco pretextos para compartir ese mundo marabilloso da literatura, a palabra, a ficción. . . *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2015
ISBN 10: 8499149065ISBN 13: 9788499149066
Seller: Agapea Libros, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Idioma/Language: Gallego. Manuel Rivas reuniu neste libro oito dos seus contos que teñen o inverno e o Nadal como pano de fondo, tanto no presente como nas lembranzas dos personaxes. A tristeza da emigración, a experiencia límite do naufraxio, o amor que nos defende das adversidades, a resistencia durante o franquismo, a traizón que nos derrota, as consecuencias do tráfico de drogas, a ledicia de xogar un partido de fútbol, a integración das persoas diferentes e a conmoción da crise das vacas tolas artellan as tramas destes contos en que se abordan temas esenciais na literatura. Oito contos conmovedores nos cales Manuel Rivas dispuxo as pingas de humor e tenrura capaces de transformar o cotián na beleza da escrita literaria. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2016
ISBN 10: 8491210180ISBN 13: 9788491210184
Seller: Agapea Libros, Malaga, Spain
Book
Condition: New. López Domínguez, Xan (illustrator). Idioma/Language: Gallego. "Poemar o mar" é un libro de poemas que forma parte da triloxía que se completa con "En la cuna del mar" e "Palabras do mar". Nestas tres obras o mar é o gran protagonista, un mar que ronca, que molla con poemas, que ten trenzas, que anda murcho, que chora por dentro e cala por fóra. Mares con ondas amarelas, con illas coma estrelas, mares de plumas que son de auga e mel, mares de tinta verde con barquiños de papel. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
More buying choices from other sellers on AbeBooks
New offers from US$ 14.14
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2016
ISBN 10: 8499149650ISBN 13: 9788499149653
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Padrón, Dani (illustrator). Idioma/Language: Gallego. O sol secábao todo coa súa calor abrasadora, e as nubes non facían máis que matarse a regar os campos para que medrasen as verzas e o millo, e para que as herbas fosen verdes. En canto viron que o verde se volvía amarelo, ás nubes pareceulles tan mal que decidiron facer unha folga traballando, e puxéronse a chover os sete choveres ata que quedaron sen auga. Por culpa de tanto chover a Vila de Portoseco quedou asolagada e os seus habitantes navegaban entre os tellados das casas e o campanario da igrexa. Como ían solucionalo?, pensaron as nubes. Pois podiamos facer que chovera do revés. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
More buying choices from other sellers on AbeBooks
New offers from US$ 13.11
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2013
ISBN 10: 8499144942ISBN 13: 9788499144948
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Busto, Manuel (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Encuadernación: Rústica Colección: Infantil E Xuvenil Edad Recomendada: A partir de 14 años Nas súas vacacións en Bangladesh, o xornalista audiovisual Eduardo Morán conseguiu facerse coas impactantes imaxes do suplicio ao que foi sometida unha rapaza de catorce anos condenada por un tribunal local islámico. Tras o terremoto e o accidente da central nuclear, que provocou centos de mortos, no pavillón de Ivate amoréanse un millar de refuxiados que intentan protexerse dos efectos do escape radioactivo. Des que Gustavo foi diagnosticado de «deterioración neuronal progresiva», a súa dona, Carme, e o resto da súa familia viven en vilo. U-los remedios contra o mal de Alzheimer? Como xa fixera en Exogamia 0. 3, Ramón Caride reúne relatos, non estritamente literarios, sobre problemas decisivos para a humanidade ante os que ninguén pode quedar alleo: a violencia sobre as mulleres, a enerxía nuclear, a doenza do Alzheimer e a investigación médico-farmacéutica. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2015
ISBN 10: 8499148840ISBN 13: 9788499148847
Seller: Agapea Libros, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Idioma/Language: Gallego. Esta é a historia dunha carta que nunca chegou ó seu destino. Tamén é a historia de dúas nenas, Harmonía e Rosa, exiliadas en Rusia, de dous amigos que se atopan en bandos opostos, dunha muller loitadora, dun carteiro namorado, dun rapaz empeñado en borrar a tristeza dos ollos dunha rapaza. É unha historia de fillos separados dos seus pais, de parellas desfeitas, de homes e mulleres zarandeados e maltratados polos ventos do odio. Pero Tristes armas é sobre todo unha historia de amor. Tristes armas presenta dende un punto de vista sinxelo e profundamente humano algúns episodios da Guerra Civil, desde o punto de vista dos que non combateron, pero que sufriron as súas terribles consecuencias. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2013
ISBN 10: 8499145086ISBN 13: 9788499145082
Seller: Agapea Libros, Malaga, Spain
Comic
Condition: New. Fernández Serrano, Jacobo (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Encuadernación: Rústica Colección: Infantil E Xuvenil. Merlín. Cómics Edad Recomendada: A partir de 6 años Nesta nova aventura Marcopola e libro coñecen os Piratas da Lúa, unha estrafalaria banda de mariños nocturnos moi amigos da festa rachada. Xuntos pasarano de marabilla, mais tamén haberán de enfrontarse ao malvado Almirante Cobreguiña e á súa desapiadada tripulación. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
More buying choices from other sellers on AbeBooks
New offers from US$ 14.14
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2013
ISBN 10: 8499145612ISBN 13: 9788499145617
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Idioma/Language: Gallego. Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírteos: «Maxinade que a vosa sombra se separa de vós e toma vida de seu. Maxinade que a imaxe do espello toma vida propia e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento no que teñades dificultades». Narrada en primeira persoa, altérnanse os puntos de vista de un e outro irmán en cada un dos capítulos. Con esta obra Suso de Toro inicia unha nova vía que el define como «unha aventura, unha narración mítica, que comeza lenta pero intrigante e se vai acelerando coma un thriller». A sombra cazadora será levada ó cine. Traducida ó castelán e ó portugués, así como a outras linguas europeas. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
More buying choices from other sellers on AbeBooks
New offers from US$ 13.57
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2015
ISBN 10: 8499149189ISBN 13: 9788499149189
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Trigo, Ramón (illustrator). Idioma/Language: Gallego. O rato Benxamín e o muraño Rosendo son grandes amigos, xogan a subir montañas, a explorar bosques misteriosos, a. . . Os pais do muraño Rosendo teñen que traballar ata moi tarde. Por mor diso, Rosendo pasa moito tempo na casa do seu amigo Benxamín. O rato avó cóntalles historias de ratos atrevidos, donicelas torpes, musarañas intelixentes. . . O muraño Rosendo quere saber por que non ten avós, e por que non ten quen lle conte historias como o seu amigo o rato. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2016
ISBN 10: 8499149987ISBN 13: 9788499149981
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Díaz Lorenzo, Pedro (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Pauliño ten sete anos, vive cos seus pais e a súa irmá Águeda que é un bebe e de momento nin anda nin fala. Pauliño é fraco, pequecho, e parece un rapaz coma todos os outros. Unha mañá Pauliño saíu da cama dun chimpo e ceibou un rincho. Hiiiiiii! Malia ser un cabalo, Pauliño debe lavarse, cepillar os dentes, ir a escola, facer os deberes. . . Pero Pauliño quere ser un cabalo salvaxe, dos que andan polo monte, moi preto da aldea onde vive a avoa. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
More buying choices from other sellers on AbeBooks
New offers from US$ 12.52
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2015
ISBN 10: 8499148387ISBN 13: 9788499148380
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Idioma/Language: Gallego. Un equipo de guionistas tres mulleres e dous homes recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas. A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI. Un libro esencial na obra de Agustín Fernández Paz que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
More buying choices from other sellers on AbeBooks
New offers from US$ 14.14
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2015
ISBN 10: 8499148190ISBN 13: 9788499148199
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Gutiérrez, Santy (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Laura, unha rapaza de doce anos, está hospitalizada. A súa grave doenza provócalle falta de apetito e cansazo, ata o punto de verse obrigada a cortar o pelo porque nin forzas ten para peitearse. Cando mellora un chisquiño, tenta ser feliz visitando os outros nenos da planta e facendo incursións por outras dependencias do hospital co seu pano de pirata. Un día chega Mistre, unha nena etíope de oito anos, que compartirá con ela o cuarto. Para facerlle a estadía máis levadeira, Laura cóntalle á súa nova amiga unha historia extraordinaria, con dúas protagonistas moi especiais, Aulea e Mistera, que farán unha longa viaxe para resolver o misterio dos dragóns desaparecidos. Mentres non aparezan os dragóns, protectores das aldeas, o seu mundo non poderá gozar de paz e prosperidade. O sorprendente desenlace de ambas historias, a real e a imaxinaria, vaivos facer rir e chorar asemade. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
More buying choices from other sellers on AbeBooks
New offers from US$ 14.14
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2014
ISBN 10: 8499147399ISBN 13: 9788499147390
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Rivas, Víctor (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés. A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos esbirros. Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector e a curiosidade polo mundo da cociña. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2017
ISBN 10: 8491212094ISBN 13: 9788491212096
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Meixide, Andrés (illustrator). Idioma/Language: Gallego. FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 E FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. " Misión Tokyo " leva os FORMIG4S á capital do Xapón. O caso empeza co DOUTOR PAUMAO nun barco de deseño futurista, liberando centos e centos de bolboretas que tinxen de cores o ceo da cidade. Que tramará desta vez o científico? *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
More buying choices from other sellers on AbeBooks
New offers from US$ 14.14
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2014
ISBN 10: 8499145795ISBN 13: 9788499145792
Seller: Agapea Libros, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Rivas, Víctor (illustrator). Idioma/Language: Gallego. A familia de Iris vese obrigada a mudarse á casa do avó na Costa da Morte. Alí as longas tardes do verán énchense coas visitas da nena ao desacougante areal de Trece e coa luz do faro de Cabo Vilán, que advirte de invisíbeis perigos. Algo escuro se agocha no baúl que Iris descubre no faiado e que inexplicabelmente leva escrito o seu nome. Algo que ten que ver co mar e coa negrura que algunhas veces o cobre; con lendas afundidas polo tempo e polas augas; cos segredos dunha costa que é de morte pero tamén de vida onde, en ocasións, nadan os golfiños. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
More buying choices from other sellers on AbeBooks
New offers from US$ 14.14
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2014
ISBN 10: 8499147313ISBN 13: 9788499147314
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Meixide, Andrés (illustrator). Idioma/Language: Gallego. FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados. "Misión París", leva os FORMIG4S á capital de Francia. O caso empeza no cemiterio Père Lachaise. Alí hai unha escena do crime sen cadáver. A vixilante do enorme e labiríntico cemiterio parisiense asegura que viu como uns homes sinistros dispararan a unha rapaza e esta desapareceu! *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2016
ISBN 10: 8499149928ISBN 13: 9788499149929
Seller: Agapea Libros, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Idioma/Language: Gallego. Sentiredes que o vento asubía nas gaiolas dos pescadores. Notaredes como os pés se vos afunden nos areais. Miraredes nais alimentando os fillos na praia. Veredes gaivotas atragoarse con peixes. Escoitaredes «el camaleón, el camaleón» no café Plantacións. Entraredes no templo. Iredes recibir o pai, por suposto con camisa branca, para logo despedilo. A verdadeira poesía crea territorios. Habítaos. Ismael Ramos, ese rapaz da montaña a quen ensinaron a estar só, hai xa anos que se apropiou do territorio da ferida, pero agora demostra, como moi poucos na poesía galega actual, que tamén sabe construír novas paisaxes, modificar xeografías. Texto de Carlos Maquieira. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
More buying choices from other sellers on AbeBooks
New offers from US$ 15.19
Published by Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2014
ISBN 10: 8499147593ISBN 13: 9788499147598
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Idioma/Language: Gallego. Arroupada por unha constelación de voces amigas, a palabra celebra a plenitude do amor e do sexo, evoca os momentos atrapados e os obxectos marcados, recoñece a impotencia ante o abandono e a perda, reclama a memoria, contempla as identidades esgazadas, abraza quizais a esperanza. Entoa, en suma, un canto á gallardía. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.