A fala de Vigo: Trazos diferenciais da nosa variedade dialectal - Softcover

9788411880275: A fala de Vigo: Trazos diferenciais da nosa variedade dialectal

This specific ISBN edition is currently not available.

Synopsis

Este opúsculo xurdiu o día en que a Asociación Faladoiros Vigo lle encargou ao catedrático da UVigo Xosé-Henrique Costas unha conferencia sobre «A fala de Vigo». En Vigo, a cidade máis castelanizada de Galicia, é posible escoitar o galego pola rúa, en buses e mercados, en bares e tendas mais, sobre todo, nas parroquias. Nas parroquias de Vigo (Alcabre, Beade, Bembrive, Bouzas, Cabral, Candeán, Castrelos, Comesaña, Freixeiro, Lavadores, Matamá, Navia, Oia, Saiáns, Sárdoma, Teis, Valadares e Zamáns) o galego segue a ser a lingua cotiá ou maioritaria de non poucos veciños e veciñas. A eles e elas acudimos para recoller e catalogar os principais trazos fonético-fonolóxicos, prosódicos, morfolóxicos, léxicos e fraseolóxicos do falar do Val de Fragoso, algúns deles trazos exclusivos do noso concello e outros compartillados coas falas do suroeste de Pontevedra. En fraseoloxía recollemos máis de medio cento de refráns, frases feitas e locucións típicas do galego falado en Vigo. En léxico recollemos –como mostra– máis de 400 palabras características ou exclusivas do falar de Vigo. En ambos os casos sempre cun obxectivo concreto: que os vigueses e viguesas máis novos lembremos e a xente que veu de fóra aprenda como falamos aínda aquí, para aproveitarmos e reutilizarmos todas esas ferramentas e posibilidades lingüísticas no noso galego actual. Así é como falamos o galego as persoas naturais de Vigo.

"synopsis" may belong to another edition of this title.

(No Available Copies)

Search Books:



Create a Want

Can't find the book you're looking for? We'll keep searching for you. If one of our booksellers adds it to AbeBooks, we'll let you know!

Create a Want