Items related to Os Rios De Galiza

9788483411360: Os Rios De Galiza
View all copies of this ISBN edition:
 
 

Un dos elementos fundamentais da configuración da paisaxe galega é a existencia dunha ampla e densa rede fluvial formada por miles de ríos e regueiros que recollen as augas das abundantes choivas e das fontes. Non hai aldea, lugar, vila ou cidade que non teña o seu río. A pouco que nos afastamos dos núcleos de poboación e das estradas, que enchen de ruído os milleiros de automóbiles que os transitan, chega ao noso ouvido un constante e variado son procedente de entre os árbores e a vexetación. É a música dos dez mil ríos e regatos, que en forma de veas de auga, conforman e vivifican este vello país irmanado coa chuvia. Os cursos de auga en Galiza, desde o illó ou poza onde agroma unha fonte, até o maxestuoso Miño, estiveron sempre unidos ao diario vivir dos galegos. Con eles apagaron a sede, lavaron a roupa, regaron os prados, moveron os muíños, batáns, mazos, serradeiros e dinamos para producir enerxía eléctrica. Moldearon a variada paisaxe do país e foron xeradores de lendas e tradicións que forman parte do noso patrimonio natural. Todos os galegos gardamos na memoria o río da nosa infancia. Evocamos as primeiras aventuras e xogos que tiveron escenario as súas orelas, sinaladas polos amieiros e bidueiros nas estremas das leiras e dos prados. Bañámonos nas súas frescas e transparentes augas, fixemos navegar improvisados barcos e tentamos pillar fuxidías troitas e outros peixes. Hoxe dóenos a situación na que se atopan moitos deles por mor das presas, centrais hidroeléctricas, contaminación das súas augas, alteración dos seus ecosistemas, invasión das súas marxes e outras agresións. Por iso queremos dar a coñecer todos os seus aspectos e demandamos a urxente protección e recuperación do noso patrimonio natural fluvial, con toda a súa biodiversidade de flora e fauna e o seu riquísimo patrimonio etnógráfico e histórico-cultural. EDITADO EN GALEGO.

"synopsis" may belong to another edition of this title.

(No Available Copies)

Search Books:



Create a Want

If you know the book but cannot find it on AbeBooks, we can automatically search for it on your behalf as new inventory is added. If it is added to AbeBooks by one of our member booksellers, we will notify you!

Create a Want