Product Type
Condition
Binding
Collectible Attributes
Seller Location
Seller Rating
Published by Ed. Xerais, 2002
ISBN 10: 8483028689ISBN 13: 9788483028681
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Idioma/Language: Gallego. Magníficos volumes en cartoné, con cantos redondeados, destinados aos rapaciños rapaciñas de 2 anos en diante. A ilustradora alemana Rotraut Susanne Berner creou estes orixinais volumes para iniciar aos máis pequenos na aprendizaxe dos conceptos temporais e dos hábitos básicos no seo da familia. Imaxes da casa e do entorno familiar, doadamente identificables por eles, situacións cotiáns, xogos de procura de elementos agochados son os elementos básicos desta serie destinada a iniciar aos nenos no mundo dos libros. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais de Galicia ., Vigo., 2011
Seller: GALLAECIA LIBROS, Noia - A Coruña, Spain
First Edition
1ª edición. Narrativa. Col. Narrativa.Páginas/Pages:199 p. ISBN: ISBN: 978-84-9914-302-6; Perfecto estado de conservación, ejemplar sin signos de uso 22 x 14,5 cm.
Published by Ed. Xerais, 2004
ISBN 10: 8497821564ISBN 13: 9788497821568
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Seoane, Marina (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Cada vez que cre ver un monstro, Raquel esperta a súa irmán Tina. A nova colección "Paseniño" de Xerais, destinada aos primeiros lectores, ten como obxectivo que os nenos e as nenas melloren o proceso de aprendizaxe da lectura, que adquiran o hábito lector e que, ademais, se divirtan cos libros. Para isto, os contos combinan un dobre nivel de lectura, textual e gráfico, que permite ao novo director adquirir autonomía a través do texto e das ilustracións. Os textos son breves, xeralmente dunha soa frase en cada páxina, e preséntanse dobremente, en letra manuscrita e en maiúscula, de xeito que os nenos e nenas poden optar pola modalidade na que empezaron a adquirir o proceso lector. As páxinas impares teñen unha ilsutración a toda cor, e nas páxinas pares, ademais do texto, hai tamén un debuxo que cobra animación se pasamos as páxinas de corrido. A calidade gráfica e literaria está garantida. Colaboraron nesta colección destacados ilustradores e escritores como Agustín Fernández Paz, Fina Casalderrey, Xan López Domínguez, Marina Seoane, Mariasun Landa, Vicente Muñoz Puelles, Gabriel Janer Manila, entre unha longa nómina. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais, 2000
ISBN 10: 8483025876ISBN 13: 9788483025871
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Idioma/Language: Gallego. De inusitada forza e unha clara vontade de facerlle pasar un agradable momento ó lector, Tute para catro parte das vidas sinxelas dos personaxes e, a partir delas conquista pequenos cumes que logo deveñen en fazañas persoais ou entran a formar parte do repertorio de mitos dunha comunidade. E a comunidade da que o libro nos fala é esa pequena vila ou esa aldea galega que sobrevive por extensión da cidade, cunha vida presidida pola decadencia, o fastío e a frustración. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais, 2002
ISBN 10: 8483027852ISBN 13: 9788483027851
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Souto, Cuchi (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Celidonia, bruxa profesional, chega un día a Xalundes, lugar famoso porque nel habita o xigante Xuvenco, que papou ó alcalde, ó garda de tráfico, ó cura. . . O que non saben as tristes xentes de Xalundes é que o descomunal e aterrecente xigante Xuvenco precisa axuda de contado porque, o pobriño, está doente. ¿Axudará a bruxa Celidonia o xigante papón? ¿Papará o xigante á bruxa, e á súa comadre Chincha e á súa afillada Chincheta? ¿Papará ós lectores desta obriña de teatro? ¡Mamasiña, que medo! é unha obra de medo. . . para morrer de risa. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais, 2009
ISBN 10: 8497829565ISBN 13: 9788497829564
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Uhía, Manolo (illustrator). Idioma/Language: Gallego. No Monte do Gozo, preto de Compostela, vive Rata Linda. Tamén vivía alí o Rato, que marchou para o estranxeiro. Un día, Rata Linda atopa unha moeda que lle caera a Don Gato. Con ela, vai á tenda e merca un fermoso lazo, que pon na cabeza. Como estaba no balcón, algúns animais que pasaban por alí viana e pedíanlle para casar con ela. O Can, o Burro, o Grilo e o Gato foran facéndolle a petición. A Rata acepta casar con Don Gato, pero este o único que quere é recuperar a moeda. Rata Linda consegue desfacerse de Don Gato, facendo que caia a un pozo e afogue nel. E, despois disto, atopouse con que o Rato volvera da súa viaxe e tamén lle pedía para casar. Rata Linda acepta, e os dous marchan xuntos "a Santiago de Compostela, por mirar a Catedral". Rata linda de Compostela, conto escrito por Bernardino Graña e ilustrado por Manolo Uhía, está considerado como un dos contos versificados clásicos da literatura infantil de noso. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais, 2001
ISBN 10: 8483026872ISBN 13: 9788483026878
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Meixide, Andrés (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Un grandullón quítalle o balón a uns nenos e dálle un gran patadón. E alí vai o balón disparado contra o ceo coma un foguete, percorrendo o mundo, provocando enormes sustos,choques, caídas e potes, causando tremendas impresións a persoas que se entretiñan en calquera ocupación, e moito máis ca un apuro. Divertidísimo álbum para os primeiros lectores de Manuel Lourenzo González. Textos rimados. Ilustracións de grande forza de Andrés Meixide. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais, 2002
ISBN 10: 8483028603ISBN 13: 9788483028605
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Enjamio, Luís (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Carlota, a marmota, esperta coa chegada da primavera, Vai deica o río, para lavarse con auga fresca. Río arriba foi buscar a nacente e alí escoitou os berros dunha bota que afogaba, arrastrada pola corrente. A marmota non sabía qué facer e procurou a axuda de Xonxa, a lontra, que conseguirá rescatala e levala á beira. Pero daquela era unha lontra moi especial. Álbum de textos rimados para os primeiros lectores de Miro Villar, ilustrado por Enjamio. . Segundo entrega, dentro da serie que dentro de "Merliño" iniciaran os mesmos autores con Carlota, a marmota que non quería durmir. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais, 2007
ISBN 10: 8497825748ISBN 13: 9788497825740
Seller: Agapea Libros, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Uhía, Manolo (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Honorato é un rato ao que lle gustan as palabras, e gústalle pintalas de cores: utiliza a cor verde para falar dos campos, a azul para falar do ceo e do mar, a amarela para falar da luz e do sol. A cor negra para falar das guerras, a cor gris para falar do inverno e a cor vermella para falar. , para falar ¡de amor! Si, porque Honorato está namorado. ¿E de quen está namorado? *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais, 2005
ISBN 10: 8497823605ISBN 13: 9788497823609
Seller: Agapea Libros, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Villán, Óscar (illustrator). Idioma/Language: Gallego. A familia de Mariña múdase a unha nova casa. Unha casa moi especial, pois axiña descobre que o corredor está cheo de fantasmas. Polo día non se ven, mais pola noite saen das paredes e andan de troula polo corredor. Só Mariña sabe que existen, pois ninguén máis da familia os ve. E a nena deberá atopar unha proba que permita desvelar a presenza dos fantasmas. Fantasmas no corredor de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Óscar Villán, fala do medo á escuridade, ese temor que todas as persoas experimentamos na infancia. O humor, capaz de disolver calquera medo, é o recurso empregado para narrar esta divertida historia. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais, 2005
ISBN 10: 8497823583ISBN 13: 9788497823586
Seller: Agapea Libros, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Uhía, Manolo (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Este libro de María Victoria Moreno reúne tres contos de animais escritos en verso e ilustrados por Manolo Uhía: "Xa non teño medo", "Can branco, can negro" e "¿Un cachiño de bica?". Xan vive nunha cidade e ten medo cando se vai deitar; grazas a unha chorumiña comprobará que no ceo sae a lúa e florece o sosego na terra escura. Nicolau é un canciño que foi recibido por todos con aloumiños e festas, mentres que Correcamiños naceu na beiravía da estrada; ambos os dous un bo día xuntaranse nun arrabalde perdido e unirán para sempre o seu destino. Iván coida a Nica, unha cadela ben xeitosa, á que moito lle gosta os cachiños de bica. Tres contos para todos os nenos e nenas de sete anos en diante que buscan o amor nos olliños doces de mel dun can de bondadosas orellas. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais, 2002
ISBN 10: 8483027550ISBN 13: 9788483027554
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Prado, Miguelanxo (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Este libro está formado por tres contos: "O trasno de Alqueidón" Inés e Diego teñen unha casa con faiado; unha noite, tras apagárense tódalas luces, escoitaron uns peíños pequenos correndo polo faiado e a caída de caixas e mobles. Despois de varias probas da nai descobren que non eran ratos senón un trasno e, para librarse del, a avoa recomenda pór no faiado unha cunca con arroz para que bata con el e o tire; como os trasnos non saben contar, enfadarase e marchará. Pero a Inés e mais a Diego dálles pena o trasno e esa noite deciden botarlle unha man. "Neve na Amaía" Utiliza a estructura acumulativa dos cantos tradicionais. Berta é unha nena que vive na Amaía coa súa avoa; teñen sempre acesa a lareira para non pasar frío. Un día que queda ela soa, as brasas apagánse e decide ir á casa do veciño, Tomé, a pedirlle uns tizóns; este dille que llos dará a cambio da auga que canta. Un grilo acompáñaa na súa viaxe; cando atopa a auga, esta pídelle unha presiña da terra que soña. A terra que soña está no castro de Ortoño, onde a pedra fita; esta pídelle un sopro do vento que pinta e este pídelle un bico. "Chave de Ponte, Chave de Carballo" Minia é unha nena que vive en Chave de Ponte e os desta aldea lévanse moi mal cos de Chave de Carballo. Ten un can chamad Ruzo e un gato co nome de Fran que desaparece tódalas noites e sempre volve polas mañás. Pero un día non ocorre así. Minia sae disposta a buscalo e coa axuda dunha parella de liñaceiros, unha píntega e mais un rato atópao perseguido . . . *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais, 1995
ISBN 10: 847507913XISBN 13: 9788475079134
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Idioma/Language: Gallego. Xosé Luís Méndez Ferrín (Ourense, 1938) é un dos autores máis representativos da nosa literatura. Como narrador, articulista, investigador e historiador da literatura, ten editada unha importante lista de títulos. Sendo Voce na néboa (1957) o primeiro libro de poemas de Ferrín, a publicación de Con pólvora e magnolias (1976) e de Estirpe (1994) constitúen referencia decisiva no noso lirismo. A comenzos de 1982 aparece por vez primeira a obra que hoxe editamos: O fin dun canto. Nela, a alianza entre a poesía revolucionaria con aqueloutra de luxos sensoriais continúa mostrándose en tódalas súas posibilidades. A reivindicación política, a nostalxia polo paso do tempo, a paixón erótica. . . son eixos temáticos tratados sempre desde un dominio excepcional dos recursos expresivos da linguaxe. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais, 1991
ISBN 10: 8475076009ISBN 13: 9788475076003
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Idioma/Language: Gallego. O soño sulagado (1954) é o segundo libro de poemas publicado en galego por Celso Emilio Ferreiro. Sen embargo, a través das súas páxinas podemos atopar claves do que vai constituír, en entregas posteriores, unha parte fundamental do mellor mundo poético do autor de Celanova. A chamada da infancia, do lar materno; a procura do paraíso perdido (simbolizado nas árbores, na terra, no azul dos horizontes) conxúgase cos degaros de liberdade, coa ansia por transformar un presente esquivo e hostil. Ramiro Fonte (Pontedeume, 1957) é membro destacado da máis recente xeración da poesía galega. A súa análise está feita desde o rigor e desde o traballo serio e continuado, pero tamén desde o diálogo entre poetas: imprescindible para dar coas verdadeiras dimensións da sensibilidade. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais, 2003
ISBN 10: 8497820711ISBN 13: 9788497820714
Seller: Agapea Libros, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Martín Godoy, Fernando (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Kori é un neno de oito anos que só recoñece as palabras nos movementos da boca. Por iso é capaz de saber o que lle di o seu mellor amigo, un pequeno camelo ao que trata de salvar camiño dese deserto co que sempre soñou. Quizais a súa aventura nunca remate, sobre todo pola mensaxe tan especial de Caramelo. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais, 2000
ISBN 10: 848302523XISBN 13: 9788483025239
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Cobas, Xosé (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Estamos no século XIII, no reinado de Afonso X, o Sabio. Paio Gómez Chariño, o trobeiro autor de cantigas extraordinarias, volve a Galicia traendo canda el ó mozo Edelmiro Soutelo, fillo dun cabaleiro que morreu loitando contra os mouros nas guerras de Granada. A viaxe que fan de Toledo a Compostela está chea de loitas e perigos, pero tamén de feitos marabillosos. E Edelmiro descubrirá o amor cando Xoana, a filla de Paio Gómez, se una en Zamora á expedición. As flores do meu amigo é unha amena e documentada novela de fondo histórico, que pon ante os nosos ollos o fascinante mundo medieval dos trobadores e xograres. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais, 2003
ISBN 10: 8497820673ISBN 13: 9788497820677
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Eiroa Pazos, Santiago (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Ota quere voar é unha historia que nos leva a vivir as sensacións dunha gaivota desde o seu nacemento ata a súa madurez. Ota axiña descubrirá que a vida é algo máis que voar polas fermosas paisaxes dos cantís, pois terá que aprender a sobrevivir e a superar os perigos que se lle presentan. Un día, engaiolada ante un castelo de area que unhas rapazas constrúen na praia, distráese e non pode evitar que a capturen. Terá que vivir arriscadas aventuras anter de recuperar a liberdade perdida e poder regresar ó seu fogar. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais, 2009
ISBN 10: 8497825551ISBN 13: 9788497825559
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Irimia, Marisa (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Hai moitos, moitos anos, vivía nunha aldea da montaña un home moi pobre, moi pobre, tan pobre que non tiña nada, nin eidos, nin casa, nin sequera roupa, vestíase con farrapos, por iso lle chamaban Xan Farrapeiro. Pero a historia de Xan non é unha historia triste, trabucariamonos se pensasemos iso; Xan era pobre pero alegre, animoso e valente e ben espelido, por iso as cousas cambiaron para el un día que estaba a procurar guizos e apañar piñas no monte e atopou a dona dos penedos, unha moza fermosa de pel alba como o leite, que levaba un vestido ricamente bordado. Andanzas de Xan Farrapeiro é a reinvención que Ramón Caride realiza dun conto marabilloso ben coñecido, aquela historia dun Xanciño pobre que se facía pobre por arte de maxia e logo o esquecera todo. As ilustracións de Marisa Irimia axudan a brotar as cores dunha historia de noites escuras, altos penedos e paisaxes de verde intensidade. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais de Galicia ., Vigo., 1993
Seller: GALLAECIA LIBROS, Noia - A Coruña, Spain
Primeira edición. Narrativa. Col. Narrativa.Páginas/Pages:111 p. Buen estado de conservación Rústica brillante ilustrada con solapas.
Published by Ed. Xerais, 2001
ISBN 10: 848302618XISBN 13: 9788483026182
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Gutiérrez, Santy (illustrator). Idioma/Language: Gallego. O día que o príncipe Estanislao, herdeiro á coroa do extenso e poderoso reino de Sofrovia, cumpriu dezaoito anos, armouse un grande rebumbio no pazo. A causa era unha simple cuestión de etiqueta no relativo ao seu vestiario. O principe pasara a mañá alporizado, abrindo as portas de tódalas dependencias, berrando: ¿Onde está o meu frac? Os mordomos reais, apesarados, tiveron que atender ás ordes de Tanis, o novo rei de Sofrovia, e entregáronlle o que pedía: un frac vello, todo esfiañado, con rotos por diante e por detrás, algún remendo e unha colección de imperdíbeis picados polas lapelas, os petos e a cola. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais, 2002
ISBN 10: 8483028638ISBN 13: 9788483028636
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Uhía, Manolo (illustrator). Idioma/Language: Gallego. ¿Chegará algún día no que poida existir unha convivencia feliz entre os seres humanos máis alá das diferencias de ideas ou capacidades? Estrela, unha nova alumna do derradeiro curso de primaria -que recibe clases de apoio-, demostrará ós seus compañeiros de colexio, a súa familia e. . . a todo o mundo que o máis importante é ter un gran corazón. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais, 2006
ISBN 10: 8497824954ISBN 13: 9788497824958
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Prado, Miguelanxo (illustrator). Idioma/Language: Gallego. É unha novela clásica de aventuras ambientada no ano 2075, entre Galicia, Arxentina e Suiza. Dous irmáns orfos, Sheila e Said, de 10 e 12 anos respectivamente,póñense en contacto cos "rapaces do pasado" para contarlles unha extraordinaria aventura. Viven nun muiño da parroquia de Loreda e descobren, gracias á rede informática universal, un plano para domina-lo mundo, e loitarán ó longo de toda a novela para contrarrestalo. Escrita alternativamente en primeira persoa por cada un dos protagonistas, axiña descubriremos que a existencia dunha nova planta alimenticia, o supercereal SC-1, obtido por manipulación xenética, vai se-lo eixo de toda a trama. Un supercereal creado por procedementos biotecnolóxicos que está deseñado para substituir outras plantas como o trigo, o centeo, o millo ou o arroz que eran, ata daquela, a base da alimentación humana. Ó redor desta noticia comezan a aparecer novas informacións que os alertarán sobre unha posible ameaza. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais, 2007
ISBN 10: 8497825217ISBN 13: 9788497825214
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Castelao, Patricia (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Amina vaise vivir a un lugar remoto do que descoñece ata o idioma. Un día chega ao seu novo colexio e decátase de que todas as nenas visten coma ela, peiténase coma ela. , son de súpeto cuspidiñas a ela. A profesora de inglés fai unha impresionante revelación que Amina vai descifrando grazas ao debuxos da súa amiga Ío, unha rapaza xordomuda. Pero Ío desaparece misteriosamente. A lagoa das rapazas mudas de Fina Casalderrey, ilustrado por Patricia Castelao, é o relato da emigración e o rexeitamento e as dificultades que sofren moitos emigrantes. A amizade de Amina e Ío amosa que, tantas veces, a posibilidade da comunicación está por riba das palabras. A convivencia no eido escolar, a comunicación extralinguüistica ou o coñecemento da cultura africana son alguns dos temas abordados nesta formidable novela para lectores e lectoras de 10 anos en diante. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais, 2002
ISBN 10: 8483027488ISBN 13: 9788483027486
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Cobas, Xosé (illustrator). Idioma/Language: Gallego. A Nicolás anóxao a escola pero pásao fenomenal cando visita seu Tío Delio, que é reloxeiro e vive nun vello vagón de tren, que el mesmo amañou. Alí, tío e sobriño consultan libros e pasan os mellores momentos observando o curioso mecanismo dos reloxos e a engrenaxe das súas diferentes pezas. Un día, na caixa dun reloxo antigo, descobren un antigo cofre que contén unhas cartas de amor que fan referencia a desavinzas familiares, herdos e a un obxecto misterioso , un pano cunhas iniciais bordadas que envolve unha presa de xoais e unhas moedas antigas. Daquela deciden investigar. Para iso conta con Ramiro, Sol e Társila, os amigos de Nicolás. As esculcas levaranos a contactar cun anticuario da cidade e despois cunha señora pertencente a unha familia nobre que era a propietaria dun pazo deshabitado de Eiravela, de onde inicialmente procede o reloxo. Todos os catro acodirán ao pazo nunha misión un tanto arriscada, pero chea de sorpresas. Xabier P. Docampo en O Pazo Baleiro deixa albiscar a súa afección pola literatura de aventuras cando eses catro amigos tratan de desenredar xuntos un misterio da aldea onde viven e que se remonta a tempos moi afastados. Docampo retrata con eses catro nenos catro universos diferentes: a rapaza tímida, a valente, o neno independente e o honesto, catro calidades coas que os rapaces conseguirán o que se propoñen. Pero aínda hai algo máis. Amais dunha historia de aventuras tamén o é de solidariedade, de comprensión e de respecto á diferencia pois o misterio . . . *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais, 2001
ISBN 10: 8483026198ISBN 13: 9788483026199
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Creus Dalgá, Josep María (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Paio ten catorce anos e é moi bo xogando ó fútbol. As persoas que están a carón do rapaz manteñen discursos diferentes: o seu pai cre que pode chegar ata o máis alto e facerse rico e famoso; súa nai, o mesmo que o adestrador do equipo, desexa que Paio xogue e se divirta sen pensar en condicionantes extradeportivos. E ademais está Ana, a rapaza coa que anda a vivir unha tenra e emotiva historia de amor, de quen Paio non ten interese ningún en separarse. O conflicto xorde cando un equipo dos grandes se interesa seriamente pola súa fichaxe. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais, 2002
ISBN 10: 8483027496ISBN 13: 9788483027493
Seller: Agapea Libros, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Prado, Miguelanxo (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Raquel, unha nena de dez anos, e os seus compañeiros de clase foron de excursión en autobús aos bosques do río Eume. Alí pasaron un día marabilloso. Explorando as ruínas dun mosteiro abandonado, e adentrándose no bosque para coller castañas e levalas a casa. Cando regresou, Raquel contoulles aos seus pais as aventuras, e foise agotada para a cama. Entón escoitou uns ruídos que procedían da súa mochila, descubrindo que alí había un homiño diminuto. Un trasno chamado Derdrín, que se agochara para pasar o inverno cos homes, pois tódolos seus compañeiros desapareceran. Raquel deulle de comer e agochouno entre os seus monecos, para que ninguén o descubrise. Derdrín é un trasno invisible ou case invisible para as persoas adultas, pero non para os nenos pequenos e os animais. Derdrín ten 300 anos de idade. É moi valente e decidiu salvar aos seus procurando axuda entre os humanos. Tódolos días, ao deitarse, Raquel contaralle ao trasno as súas aventuras, ata facérense moi boa amigos. Nas festas de nadal, derdrín disfrázase de Papa Noel. Pero terá saudades do seu bosque, e da súa amiga Gwinlai, unha trasniña nova coa que se levaba moi ben. No corazón do bosque, o libro de Agustín Fernández Paz, ilustrado fermosamente por Miguelanxo Prado, é unha historia de seres fantásticos, onde trasnos, aneis máxicos con poderes, seres invisibles desenvólvense sobre a atmosfera natural da fraga do Eume. Como é habitual nas obras de Fernández Paz, neste libro tamén se abordan outras cuestións de interese . . . *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais, 2004
ISBN 10: 8497821254ISBN 13: 9788497821254
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Blake, Quentin (illustrator). Idioma/Language: Gallego. A avoa de George ten unhas cousas un pouco raras. A verdade é que non é unha persoa moi agradable. Cre que as eirugas e as lesmas son deliciosas e o que máis lle gusta son os escaravellos ben renxentes. Nada do que fai George está ben feito a ollos da avoa, de xeito que cando é hora de que ela tome a súa medicina, George decide darlle unha dose da que ele mesmo preparou, unha beberaxe dunha chea de produtos que foi intducindo na pota como mellor lle pareceu. A medicina máxica que preparou George, primeiro, fá medrar a avoa desmesuradamente, logo empequenecela e, por último, facela desaparecer. "A marabillosa medicina de George" é un dos máis coñecidos e divertidos libros de Rold Dahl. Desbordante de fantasía e humor demostra que a maxia pode ser combatida só con maxia. Un clásico da literatura infantil do século XX, ilustrado por Quentin Blake e traducida ao galego por Moisés R. Barcia. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais, 2002
ISBN 10: 8483029030ISBN 13: 9788483029039
Seller: AG Library, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Uhía, Manolo (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Afonso Alfonso é un raposo que vive entre a Pena da Roca e o Pombeiro, entre As Fiosas e o Padornelo. Afonso naceu no Morollo da Golpilleira. Hai quen lle chama Pedro, ou Perico, porque se parece moito a un seu avó. Outros, coma se fose o demo, chámanno O das zapatillas, polo lixeiro e silandeiro que anda. A Golpilleira, a casa grande dos raposos, é case toda ela dos homes. Pero é moito máis aínda. Se estades espertos, se poñedes a orella, escoitaredes todo o que se move, todo o que vive, anda, corre, dorme, o que medra e o que morre. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.
Published by Ed. Xerais de Galicia - IGAEM., Vigo., 1994
Seller: GALLAECIA LIBROS, Noia - A Coruña, Spain
First Edition
1ª edición. Teatro galego. Colección Os libros do Centro Dramático Galego, nº15.Páginas/Pages:104 p. ISBN: ISBN: 84-7507-790-0; Perfecto estado de conservación, ejemplar sin signos de uso 18 x 11 cm.
Published by Ed. Xerais, 2009
ISBN 10: 849782556XISBN 13: 9788497825566
Seller: Agapea Libros, Malaga, Spain
Book
Condition: New. Seoane, Marina (illustrator). Idioma/Language: Gallego. Khoedi, unha nena de dez anos, ten que deixar a súa casa de Casamence, unha rexión ao sur do Senegal, para instalarse en Vigo, a cidade onde o seu pai xa leva varios anos emigrado. Na nova terra, a vida é dura para Khoedi: non coñece a ninguén e todo lle resulta diferente. Está en Europa, mais a súa cabeza e o seu corazón continúan en África. O único lazo entre a nova realidade e o mundo que deixou atrás é a Lúa que brilla no ceo polas noites, que serve, ademais, para marcar o paso do tempo. Lúa do Senegal, a primeira novela que Agustín Fernández Paz publica tras a obtención do Premio Nacional de Literatura Infantil, aborda o tema da emigración, ese drama que supón abandonar o propio país e marchar a outro para poder traballar e vivir con dignidade. E para falar do desarraigamento e do conflito emocional que supón ter que comezar desde cero nun lugar do que nada se coñece, Fernández Paz decidiu facelo a través dunha nena que conta en primeira persoa as dificultades que atopa e a súa loita por entender o que para ela é un novo mundo. Mais Khoedi é unha contadora de historias. Foi a súa avoa a persoa que lle aprendeu esa arte, ese gusto por inventar historias e contalas en voz alta. Lúa do Senegal foi ilustrado por Marina Seoane quen conseguiu adentrarse na alma da protagonista, poñerlle rostro ao resto dos protagonistas e reflectir as paisaxes de dous mundos tan diferentes. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla.