Durante décadas, nomearon tendas, guiaron pasos, anunciaron oficios e acolleron historias. Os rótulos comerciais antigos non son unicamente ferramentas de comunicación: son fragmentos de identidade, testemuños dunha forma de vida que se resiste a desaparecer. Este libro recolle máis de 600 pezas fotografadas por toda Galicia: letras pintadas, vidros dourados, rótulos corpóreos, madeira, metal, azulexos… Un arquivo visual que convida a mirar con outros ollos o que tantas veces pasa desapercibido. Cada rótulo fálanos dun tempo, dunha estética, dunha memoria compartida que aínda habita nas nosas rúas. Conservalos é coidar esa parte íntima do patrimonio que non adoita aparecer nos catálogos, pero que define como poucas cousas a alma dunha cidade. Os rótulos da nosa vida é unha invitación a deter o paso, a mirar, a lembrar. Hai palabras que non só se len, tamén se senten.
"synopsis" may belong to another edition of this title.
Ana Cocho (Santiago, 1977) é arquitecta e enxeñeira en IA. O seu interese polo patrimonio gráfico comezou coa súa publicación Rotulados (Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2006) e os seus estudos de doutoramento en técnicas avanzadas de representación arquitectónica. Bolseira da Fundación Pedro Barrié de la Maza e da Fundación Santander Universia esta fortemente ligada á investigación en deseño arquitectónico, tecnoloxía e técnicas dixitais. Despois do seu paso pola Architectural Association of London e a Bartlett School (University College of London) estableceu a súa practica de arquitectura en Barcelona. Activa investigadora e docente universitaria desempeña o seu labor na Anglia Ruskin University (Reino Unido), UIC Barcelona School of Architecture e o Instituto de Arquitectura Avanzada de Catalunya (IAAC). Na actualidade reside en Londres e dedícase por completo á investigación en novas metodoloxías de deseño arquitectónico e urbano con base en procesos Intelixencia Artificial.
Jorge Lens (Vigo, 1967) combinou nos seus inicios o traballo como fotógrafo en La Voz de Galicia coa fotografía de autor, participando en numerosas mostras fotográficas. En 1997 comeza a exercer como profesor de fotografía na Facultade de Comunicación da Universidade de Vigo, labor en que continúa. En 2019 publica, xunto á escritora Ana B. Gómez, El bosque de los deseos, un libro infantil de contos ilustrado con fotografías. En 2023, foi galardoado co I Premio Internacional de Fotografía E CA convocado, pola Generalitat de Valencia e a revista cultural Makma baixo o lema Naturalezas Contradictorias. Dende 2016 desenvolve un amplo traballo no eido da fotografía urbana, que se concretou en exposicións como City Blues (Centros Culturais de España en Latinoamérica), Me llaman calle (Galería Sargadelos, Vigo), Esclavos de nuestra sombra (Asociación Évame Oroza) e [bi]sións, dúas miradas sobre Vigo (Casa da Cultura).
Robert Willemse (Haarlem, Países Baixos, 1969) tras instalarse en Galicia, orientou o seu labor profesional cara á informática e o deseño gráfico. A súa paixón pola fotografía e o patrimonio popular, levárono a publicar o libro O fútbol da terra (Real Federación Galega de Fútbol, 2017), unha selección de imaxes capturadas entre 2009 e 2017 que documentan o fútbol afeccionado en Galicia e todo o que o rodea, recibindo o recoñecemento da RFGF por fomentar a cultura galega. Desde entón dedicouse, como fotógrafo afeccionado, a documentar os elementos gráficos nas rúas, como rótulos e letreiros que, ao pasar frecuentemente inadvertidos adoitan recibir a etiqueta de "patrimonio invisible". A través das súas instantáneas trata de convidar o espectador a reflexionar sobre a transformación que están a sufrir os espazos urbanos e o seu impacto sobre a cultura, memoria colectiva e identidade das cidades.
"About this title" may belong to another edition of this title.
Seller: AG Library, Malaga, MA, Spain
Condition: New. Idioma/Language: Gallego. Durante décadas, nomearon tendas, guiaron pasos, anunciaron oficios e acolleron historias. Os rótulos comerciais antigos non son unicamente ferramentas de comunicación: son fragmentos de identidade, testemuños dunha forma de vida que se resiste a desaparecer. Este libro recolle máis de 600 pezas fotografadas por toda Galicia: letras pintadas, vidros dourados, rótulos corpóreos, madeira, metal, azulexos? Un arquivo visual que convida a mirar con outros ollos o que tantas veces pasa desapercibido. Cada rótulo fálanos dun tempo, dunha estética, dunha memoria compartida que aínda habita nas nosas rúas. Conservalos é coidar esa parte íntima do patrimonio que non adoita aparecer nos catálogos, pero que define como poucas cousas a alma dunha cidade. Os rótulos da nosa vida é unha invitación a deter o paso, a mirar, a lembrar. Hai palabras que non só se len, tamén se senten. *** Nota: Los envíos a España peninsular, Baleares y Canarias se realizan a través de mensajería urgente. No aceptamos pedidos con destino a Ceuta y Melilla. Seller Inventory # 26484210
Seller: KALAMO BOOKS, Burriana, CS, Spain
Condition: New. Seller Inventory # KALAMO-9788411765121
Seller: Antártica, Madrid, M, Spain
Rústica. Condition: New. Dust Jacket Condition: Nuevo. 01. LIBRO. Seller Inventory # 1520122
Seller: Libros Tobal, Ajalvir, M, Spain
Condition: Nuevo. Seller Inventory # 9788411765121
Seller: Kennys Bookshop and Art Galleries Ltd., Galway, GY, Ireland
Condition: New. 2025. 1st Edition. paperback. . . . . . Seller Inventory # V9788411765121
Quantity: 2 available
Seller: Kennys Bookstore, Olney, MD, U.S.A.
Condition: New. 2025. 1st Edition. paperback. . . . . . Books ship from the US and Ireland. Seller Inventory # V9788411765121
Seller: Librerias Prometeo y Proteo, Malaga, MA, Spain
Rústica. Condition: New. Dust Jacket Condition: Nuevo. 01. Durante décadas, nomearon tendas, guiaron pasos, anunciaron oficios e acolleron historias. . Os rótulos comerciais antigos non son unicamente ferramentas de comunicación: son fragmentos de identidade, testemuños dunha forma de vida que se resiste a desaparecer. . Este libro recolle máis de 600 pezas fotografadas por toda Galicia: letras pintadas, vidros dourados, rótulos corpóreos, madeira, metal, azulexos Un arquivo visual que convida a mirar con outros ollos o que tantas veces pasa desapercibido. . Cada rótulo fálanos dun tempo, dunha estética, dunha memoria compartida que aínda habita nas nosas rúas. Conservalos é coidar esa parte íntima do patrimonio que non adoita aparecer nos catálogos, pero que define como poucas cousas a alma dunha cidade. . Os rótulos da nosa vida é unha invitación a deter o paso, a mirar, a lembrar. Hai palabras que non só se len, tamén se senten. LIBRO. Seller Inventory # 4172509