O Chispas - Softcover

Rivas, Manuel

  • 3.55 out of 5 stars
    22 ratings by Goodreads
 
9788491216728: O Chispas

Synopsis

O Chispas é músico. A el gustaríalle ser un artista cósmico, pero aos ollos da xente non é máis ca un simple cómico. Até que o poder da Fonte da Fala lles imprime forza ás súas cancións e se converte nunha estrela de rock. Unha noite, cando regresa dunha actuación na súa moto, uns seres extraordinarios cégano cunha potente luz e esperta en Mutandi, un planeta gobernado polos cracks, que fabrican a realidade e se rexen por modas. E agora a moda é o Chispas. Un músico cósmico!

"synopsis" may belong to another edition of this title.

About the Authors

Manuel Rivas (A Coruña, 1957) é escritor e xornalista. A súa obra, escrita en galego, está traducida a máis de trinta linguas e publicada polas máis prestixiosas editoras literarias do mundo. Como narrador ten publicados os seguintes títulos: «Todo ben» (Xerais, 1985, 2010); «Un millón de vacas» (Xerais, 1989, 2023), Premio da Crítica Española; «Os comedores de patacas» (Xerais, 1991, 2021); «En salvaxe compaña» (Xerais, 1994, 2008), Premio da Crítica Galicia; «Que me queres, amor?» (1996), Premio Torrente Ballester e Premio Nacional de Narrativa; «O lapis do carpinteiro» (Xerais, 1998, 2016), Premio da Crítica Española, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Premio Arcebispo Xoán de San Clemente, Premio 50 aniversario da sección belga de Amnistía Internacional (2001); «Ela, maldita alma» (1999); «A man dos paíños» (Xerais, 2000); «As chamadas perdidas» (Xerais, 2002); «Contos de Nadal» (Xerais, 2003); «Os libros arden mal» (Xerais, 2006), Premio Ánxel Casal ao Libro do Ano, Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano, Premio da Crítica, Premio Mellor Libro do Ano Libreiros de Madrid, Premio da Crítica Galicia, Premio Losada Diéguez, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega; «Todo é silencio» (Xerais, 2010), «As voces baixas» (Xerais, 2012), «O último día de Terranova» (Xerais, 2015); «Vivir sen permiso e outras historias de Oeste» (Xerais, 2018), e «Tras do Ceo» (Xerais, 2024), Premio da Crítica Española 2024 e Premio Losada Diéguez 2025, a primeira novela dunha serie histórica que Manuel Rivas vertebra sobre o eixe da caza do home polo home e a depredación da natureza. En «O máis estraño» (Xerais, 2011) ten recompilados todos os seus relatos escritos ata ese momento. No ámbito da poesía, pódense destacar: «Libro do Entroido» (1980), Premio O Facho; «Balada nas praias do Oeste» (1985); «Mohicania» (1986); «Ningún cisne» (1989), Premio Leliadoura; «Costa da morte blues» (Xerais, 1995); «O pobo da noite» (Xerais, 1996); a antoloxía «Do descoñecido ao descoñecido. Obra poética (1980-2003)» (2003); «A desaparición da neve» (2009); «A boca da terra» (Xerais, 2015) e «O que fica fóra» (2021). Para lectorado infantil e xuvenil publicou varias obras: «Bala perdida» (1997; Xerais, 2016); «O sombreiro Chichiriteiro» (Xerais, 2009); «O raposo e a mestra» (Xerais, 2013); «O Chispas» (Xerais, 2020) e «A nena lectora» (Xerais, 2021). Cultivou tamén o xénero do ensaio, con títulos como: «No mellor país do mundo» (1991); «Toxos e flores» (Xerais, 1992); «Galicia, Galicia» (Xerais, 1999); «Muller no baño» (Xerais, 2002); «Unha espía no reino de Galicia» (Xerais, 2004); «Os Grouchos» (Xerais, 2008); «A corpo aberto. Unha ollada «indie» do local universal» (Xerais, 2008); «Contra todo isto. Un manifesto rebelde» (Xerais, 2018) e «Zona a defender. A esperanza indócil» (Xerais, 2020). É codirector da revista «Luzes». En 2022 outorgáronlle a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes e en 2024 foille concedido o Premio Nacional das Letras Españolas.

Sonia García é unha rapaza de mar que naceu en Ribeira, agora embarcada en Santiago de Compostela. Desempeña o labor de docente na especialidade musical con cativos e cativas. Tamén traballa como ilustradora, actriz de teatro, deseñadora e videocreadora. En 2017 debuta como ilustradora e autora do álbum «Sementes» (Xerais, 2017). Outras obras ilustradas en Xerais son «O Chispas» (2020), «A folla azul», Premio Merlín 2020, e «A cidade do átomo» (2021), IV Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade.

"About this title" may belong to another edition of this title.